Histórico

Ernesto Pedrosa presidiu o Acto de apertura do curso do Programa de Maiores

2018-10-23T18:17:15+00:0016 de Outubro de 2015|Novas|

O vindeiro 22 de outubro celebrarase o acto de graduación da undécima promoción dos universitarios sénior, xunto coa novena dos superiores sénior. En total son 40 alumnos e alumnas de entre 57 e 75 anos que recollerán os seus diplomas nesta edición. A Universidade de Vigo leva 11 anos ofertando esta modalidade de estudos que está deseñada especialmente para adaptarse a súa situación.

Este curso o Programa para Maiores remodelouse buscando tanto a súa maior adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior como dar unha maior liberdade de elección aos matriculados, fomentando a integración directa co resto da comunidade universitaria. Deste xeito, os matriculados poderán comezar co Ciclo Intensivo, de tres anos de duración, no que os estudantes deben superar 54 créditos a escoller entre materias deseñadas especificamente para eles. Os alumnos e alumnas terán que inscribirse nun mínimo de 9 créditos en un máximo de 18, en función da súa dispoñibilidade.