Histórico

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar o Campus Crea2i

2018-10-23T18:13:45+00:004 de Decembro de 2015|Novas|

Campus Crea2i é un proxecto de especialización do campus pontevedrés, que na noite xoves celebrou a súa presentación en sociedade. O proxecto que integra baixo unha mesma identidade todas as áreas de coñecemento que coexisten no campus emprende, como sinalou o reitor, Salustiano Mato, “un camiño de futuro” co propósito de dotar a Pontevedra e a súa comarca “dun nome de referencia que levar polo mundo adiante”. Para logralo, a comunidade universitaria traballará para construír no campus “un ecosistema de innovación” en torno ás ideas “do territorio e da cidadanía e do medio natural e do benestar”, eixos dun labor investigador que conecte as diferentes áreas e que sirva “para xerar novas ventás de oportunidade para toda a comunidade”, como salientou o reitor.

A posta en marcha fíxose nun acto conducido pola presentadora Marga Pazos, no que a comunidade universitaria se viu arroupada por representantes institucionais e do tecido social, empresarial e asociativo da cidade. Entre eles, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; ou Carmen Da Silva. Tamén contou coa intervención do presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa.