Histórico

Reunión ordinaria do Pleno do Consello Social do día 29.04.16

2020-02-21T13:02:10+00:006 de Maio de 2016|Pleno|

 

ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONSELLO SOCIAL

29.04.16

 

 

O venres, día 29 de abril de 2016, ás 10:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de aprobar os seguintes puntos:

 

 

PUNTO1

Apróbase por asentimento a acta da reunión anterior (29.12.2015). 

PUNTO 2

Informe do presidente.

PUNTO 3

Informe do Reitor.

PUNTO 4

O Pleno dáse por informado da declaración de interese de novas propostas ou modificacións de titulacións de Grao, Máster e programas de Doutoramento da Universidade de Vigo para implantar no curso 2017/2018. (Consello de goberno de 12 de febreiro, 14 de marzo e 15 de abril). Relación, calendario e procedemento.

PUNTO 5

O Pleno dáse por informado da Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da Universidade de Vigo no exercicio 2015. Avance de auditoría e informe provisional de execución orzamentaria anual consonte Real-Decreto Lei 14/2012.

PUNTO 6

O Pleno pronúnciase a favor de que se apliquen as recomendacións da auditoría operativa sobre a xestión de ingresos procedentes da actividade investigadora da Universidade de Vigo. Proposta de aplicación.

PUNTO 7

O Pleno dá a súa aprobación da posta en marcha do Observatorio de egresados da Universidade de Vigo.

PUNTO 8

O Pleno dáse por informado dos acordos, patrocinios e axudas.

PUNTO 9

O Pleno dáse por informado do Informe sobre as conclusións do estudo “A percepción laboral dos estudantes da Universidade de Vigo. Curso 2014/2015”, promovido polo Consello Social.

PUNTO 10

O Pleno dá a súa aprobación as axudas previstas no Plan anual de apoio a titulacións para prácticas preprofesionais (curso 2015/2016), promovido polo Consello Social.

PUNTO 11

O Pleno dá a súa aprobación á proposta de colaboración anual coa Fundación Universidade de Vigo, para 2016. Asignación económica.

PUNTO 12

O Pleno dáse por informado dos Patrocinios e axudas.

PUNTO 13

O Pleno dáse por informado da Enquisa de satisfacción dos alumnos e dos profesores coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo. Curso 2014-2015.

PUNTO 14

O Pleno dáse por informado das taxas e memorias finais.

PUNTO 15

O Pleno dá a súa aprobación da adhesión da Universidade de Vigo á Asociación de Universidades del Estado español con titulaciones oficiales de Traducción e Interpretación.

PUNTO 16

O Pleno dáse por informado da Designación de novos membros para cubrir vacantes nas Comisións delegados do Consello Social.

PUNTO 17

O Pleno dáse por informado dos convenios asinados pola Universidade de Vigo nos mes de decembro de 2015 e xaneiro, febreiro e marzo de 2016.

PUNTO 18

Rogos e preguntas.