Comisión económica

O orzamento da Universidade, a debate e votación

2020-02-21T13:05:17+00:0022 de Decembro de 2016|Comisión económica|

Onte, 21 de decembro ás 12.00h, a  Comisión Económica do Consello reuniuse pola comvocatoria que fixo o seu presidente, Daniel Barata Quintas. Foi a última reunión do ano e na que se trataron temas de relevante importancia, como o teito de gasto para 2017 ou o orzamento da Universidade para o próximo ano.

A orde do día e as decisións tomadas foron as seguintes:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.06.2016)

2. Informe do presidente

3. Informe sobre o teito máximo de gasto anual da Universidade de Vigo para o exercicio 2017, consonte o disposto no Real Decreto Lei 14/2012, do 20 de abril.

4. Aprobación, se procede, a proposta do Consello de goberno, do orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2017, para elevación ao Pleno.

5. Informe sobre a previsión de cumprimento pola Universidade de Vigo de elaborar a liquidación do orzamento antes do 1 de marzo de 2017, consonte o Real Decreto Lei 40/2012, de 20 de abril.

6. Aprobación, se procede, da aceptación pola Universidade de Vigo da doazón de 8 biorreactores a cargo da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L.

7. Aprobación, se procede, a proposta do Consello de goberno, da participación da Universidade de Vigo na constitución da Asociación SICELE (Sistema Internacional de Certificación del Español como Lengua Extranjera) e adhesión.

8. Análise e valoración previa do informe de auditoría operativa solicitada sobre os cursos propios e os convenios de formación que realiza a UVigo, recollidos no artigo 81.3 da LOU.

9. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de outubro e novembro de 2016

10. Rogos e preguntas.

Acta da Comisión Económica do 21/12/16

Documentación para a Comisión Económica do 21/12/16