Comisión de actividades e servizos

A Comisión de Actividades e Servizos aproba, entre outros, unha achega ás Bolsas “Ourense exterior” e a proposta de colaboración anual coa Fundación Universidade de Vigo

2020-02-21T13:09:03+00:0018 de Maio de 2017|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 16 de maio de 2017, ás 11:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (14.03.2017).

Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Informe do presidente. Memoria final do proxecto de formación de titores para a mentoría

O presidente informa de que foron rexeitadas sendas solicitudes de axuda, presentadas pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, e polo equipo de fútbol-sala do PAS da Universidade de Vigo.

PUNTO 3

Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver en Pontevedra o espazo urbano para emprendedores “Pont Up Store 2017” (cuarta edición).

Polo interese da iniciativa, a Comisión acorda manter a axuda concedida en 2016.

PUNTO 4

Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para unha nova convocatoria das Bolsas “Ourense exterior” a desenvolver no curso 2017/2018.

A Comisión acorda aprobar unha achega.

PUNTO 5

Acordo que proceda sobre o apoio solicitado para a organización do “XI Congreso da Asociación ibérica de endocrinoloxía comparada”, promovida dende a Facultade de Bioloxía e o Centro singular mariño ECIMAT.

A proposta do presidente, a Comisión acorda conceder unha axuda.

PUNTO 6

Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver en Pontevedra un campus de verán para aprendizaxe de tecnoloxía e procesos de creación innovadores, dirixido a alumnos de Belas Artes, Comunicación e Educación, vencellado ao Campus Crea S2i.

A Comisión acorda conceder unha axuda.

PUNTO 7

Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no financiamento do “Curso de orientación académica de enerxías renovables”, na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

A Comisión acorda colaborar con unha axuda.

PUNTO 8

Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, sobre a proposta de colaboración anual coa Fundación Universidade de Vigo para 2017. Asignación económica.

A Comisión acorda elevar ao Pleno unha proposta de asignación.

PUNTO 9

Acordo que proceda sobre a edición e distribución de carpetas-guía para entrega aos novos alumnos da Universidade de Vigo no curso 2017/2018. Asignación económica.

Para elevación ao Pleno, a Comisión acorda aprobar unha dotación para a impresión das carpetas e outra  para a súa distribución.

PUNTO 10

Acordo que proceda sobre a petición de axuda presentada para a organización dun curso sobre “As implicacións das zonas francas no comercio internacional.

A Comisión acorda conceder unha axuda.

PUNTO 11

Rogos e preguntas.

Non hai.