Actos do presidente

Ernesto Pedrosa, Amigo Distinguido da Universidade

2020-02-21T13:12:57+00:0030 de Novembro de 2017|Actos do presidente, Novas|

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, recibiu o mércores 22 de novembro a medalla de Amigo Distinguido da Universidade de Vigo nun acto que tivo lugar no Liceo Casino de Pontevedra. No seu discurso de agradecemento, o presidente expresou o seu desexo de que esa distinción “lle dea visibilidade á universidade e a poña na boca da opinión pública, no exercicio da misión básica dos consellos sociais como órganos de participación e representación da sociedade”.

No acto, ao que acudiron personalidades do ámbito universitario e político como Salustiano Mato, reitor da Universidade, Román Rodríguez, conselleiro de Educación, e Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, tamén se fixeron distincións de recoñecemento para José Luis Vázquez, vicepresidente no campus de Vigo, e Francisco Novoá, o seu homólogo no campus de Ourense. Outros dos asistentes destacados foron Ladislao Azcona, presidente do Consello Social da Universidad de Oviedo, Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra, e Teresa Pedrosa, delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo e irmá do homenaxeado.