Comisión económica

A Comisión eleva ao Pleno as contas da FUVI, Cidade Universitaria e CITEXVI

2020-02-21T13:14:16+00:001 de Abril de 2018|Comisión económica|

O mércores, día 30 de maio de 2018, ás 12:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (27.02.2018).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do Presidente.
  3. Conta de liquidación do orzamento da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2017. Informe que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión ACORDA elevar informe favorable ao Pleno.
  4. Análise e revisión das contas anuais e informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Informe que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión ACORDA elevar informe favorable ao Pleno.
  5. Análise e revisión das contas anuais e informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA). Informe que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión ACORDA elevar informe favorable ao Pleno.
  6. Análise e revisión das contas anuais e informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Informe que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión ACORDA elevar informe favorable ao Pleno.
  7. Supervisión das solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio 2017.
    A Comisión dá a súa conformidade.
  8. Aprobación, se procede, de transferencia de gasto de capital a gasto corrente. Cátedra José Saramago.
    A Comisión  aproba a operación.
  9. Rogos e preguntas.