Histórico

O pleno aproba as contas de 2017 da Universidade, da FUVI, do Citextvi e de Cidade Universitaria

2020-02-21T13:15:40+00:006 de Xuño de 2018|Pleno|

O martes, 5 de xuño de 2018, ás 18:40 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (18.04.2018).
Apróbase por asentimento.

2. Informe do presidente.
-Enquisas de satisfacción do alumnado, do PDI e dos titulados cos estudos oficiais impartidos pola Universidade de Vigo no curso 2016/17.
-Estudo da confianza e da evolución da empregabilidade dos estudantes da Universidade de Vigo. Conclusións e resumo comparativo dos cursos 2014/15 e 2016/17.
-Conclusións do estudo de Egresados 1995-2015 para a creación dun Observatorio de Egresados. Resumo.

3. Informe do Reitor.

Propostas e acordos da Comisión Económica (sesión do 30 de maio de 2018)

Puntos 4, 5, 6, 7 e 8

  • Aprobación, se procede, das contas da Universidade de Vigo no exercicio de 2017. (Achegase a esta sesión o Informe definitivo de auditoría e o Memorando de recomendacións).
  • Aprobación, se procede, das contas anuais de 2017 e Informe de auditoría de Cidade Universitaria, S.A. (CUSA).
  • Aprobación, se procede, das contas anuais de 2017 e Informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).
  • Aprobación, se procede, das contas anuais de 2017 e Informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
  • Outros acordos. Incorporacións con cargo ao remanente de libre disposición. Transferencia de gasto de capital a gasto corrente.

O Pleno aproba as contas da Universidade de Vigo e das sociedades CUSA, CITEXVI e FUVI
O Pleno autoriza e aproba as operación económicas recollidas no punto 8

9. Cursos, acordos e informes da Comisión Executiva (sesión do 27 de marzo de 2018).
O pleno dáse por informado

10. Cursos, acordos e memorias da Comisión Executiva (sesión do 24 de maio de 2018). Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 9 de maio de 2018)
O pleno dáse por informado

11. Aprobación, se procede, da colaboración coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI) para 2018, e da asignación económica correspondente.
O Pleno aproba o convenio e a correspondente dotación

12. Nova edición das carpetas-guía de acollida a alumnos. Outros asuntos.
O Pleno aproba a proposta

13. Informe sobre o Decreto que fixa os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no SUG para o curso académico 2018/2019.
O Pleno ACORDA emitir informe favorable

14. Informe dos convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de abril.
O pleno dáse por informado

15. Rogos e preguntas.