O xoves, día 6 de setembro de 2018, ás 12:30 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (09.05.2018).
Apróbase por asentimento - Informe do presidente. Asuntos pendentes.
- Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada para a organización do “I congreso internacional de innovación docente: a ensinanza do Dereito a debate”.
Aprobada axuda de 1.200 €. - Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada pola dirección do “VI ciclo de conferencias de Dereito Concursal”, organizado pola Área de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo.
Aprobada asignación de 1.000 €. - Acordo que proceda sobre a petición de colaboración presentada pola Delegación de Alumnos da Escola de Telecomunicacións, para organizar o XXIX congreso de estudos de Telecomunicación.
Aprobada axuda de 1.800 €. - Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración extraordinaria para visibilizar a presenza do Consello Social na “Pont Up Store 2018” a través dun stand compartido coa Universidade de Vigo.
Asígnase unha axuda de 1.200 €. - Aprobación, se procede, da renovación da Páxina Web do Consello Social: redeseño, actualización de contidos e mantemento.
Apróbase un orzamento de 4.500 € + IVE para a reconstrución, e 450 € + IVE mensuais (ata xaneiro de 2019) para actualizar os contidos e a comunicación. - Aprobación, se procede, dos traballos da última fase para a posta en marcha do Observatorio de Egresados da Universidade de Vigo: creación da Base de datos das persoas tituladas.
Aprobada asignación de 3.000 €. - Rogos e preguntas.
Acta da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do xoves 6 de setembro de 2018
Documento PDF, 162 KB