Colaboracións e patrocinios

Publicada a “Guía de los moluscos marinos de Galicia” co patrocinio do Consello

2020-02-21T18:47:14+00:0025 de Outubro de 2018|Colaboracións e patrocinios|

A “Guía de los moluscos marinos de Galicia”, editada pola Universidade de Vigo co patrocinio do Consello Social foi presentada o 24 de outubro no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa. O traballo pretende ser  unha ferramenta coa que coñecer mellor, tanto a riqueza das augas galegas como a formación das súas rías.

Os autores conclúen que as nosas rías, formadas a partir de “fenómenos moi variados, como a acción fluvial, a tectónica e as variacións do nivel mariño durante os períodos glaciales”, convertéronse no fogar de especies como os moluscos recolleitos na guía, “que constitúen, despois dos insectos, o grupo animal con maior diversidade específica”. Tamén aseguran que o elemento diferenciador da costa galega son os seus “1.675 quilómetros de lonxitude e as súas rías, que tanto pola súa orixe, variedade de accidentes, como pola súa riqueza e diversidade biolóxica son únicas”.

A guía, ilustrada a toda cor, recolle as principais características de 620 especies de moluscos mariños das costas de Galicia, sinalando os elementos comparativos que poidan servir para a súa identificación e achegando datos de hábitat e distribución xeográfica da devandita especie.