Colaboracións e patrocinios

O Consello Social colabora nas bolsas Ourense Exterior 2018

2018-11-06T15:06:25+00:002 de Novembro de 2018|Colaboracións e patrocinios, Novas|

A iniciativa responde á colaboración entre a Universidade de Vigo, o Consello Social e a Deputación de Ourense co obxectivo de fomentar a internacionalización do campus de Ourense, onde xa estan os tres estudantes de mestrado da convocatoria deste 2018. Proceden de Brasil, Colombia e Uruguai.

Para as persoas que se benefician das bolsas, as taxas de matrícula son gratuítas e reciben unha axuda de 3.100€ euros para gastos de viaxe e aloxamento.

Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, deulles a benvida á Universidade de Vigo transmitíndolle o desexo dos promotores de que teñan unha estadía proveitosa. As tres persoas beneficiarias pola súa banda coincidiron en destacar á vicerreitora o bo recibimento que tiveron nos seus respectivos mestrados e a súa satisfacción por como se está a desenvolver a súa vida académica estas primeiras semanas.