Histórico

O Pleno aproba o teito de gasto para 2019, o proxecto de orzamentos, dúas doazóns e a creación de varias EBTs

2020-02-21T18:50:09+00:0028 de Decembro de 2018|Pleno|

O xoves, 27 de decembro de 2018, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.11.2018).
Apróbase por asentimento

2. Informe do presidente.

3. Informe do Reitor.

4. Informe sobre o teito de gasto anual da UVigo para o exercicio orzamentario de 2019, consonte o disposto no Real Decreto-Lei 14/2012 de 20 de abril.
O Pleno dá a súa conformidade

5. Aprobación, se procede, do proxecto de orzamento da UVigo para o exercicio 2019.
O Pleno dá a súa aprobación

6. Petición de informe xurídico sobre a legalidade do abono de complementos específicos nas pagas extras do PDI, correspondentes aos exercicios 2007, 2008 e 2009.
O Pleno amosa a súa conformidade

7. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón do pintor Alejandro Cabeza á UVigo do cadro “Retrato de Ramón María del Valle-Inclán”.
O Pleno dá a súa aprobación

8. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de equipos de investigación de Endesa, S.L. á UVigo.
O Pleno dá a súa aprobación

9. Ratificación, se procede, da proposta de elección dun novo ámbito universitario para a realización dun informe de auditoría operativa sobre procedementos e sistemas.
O Pleno dá a súa aprobación

10. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en outubro e novembro.
O Pleno dáse por informado

11. Informe previo que proceda para a creación da empresa “Ancora” como EBT da UVigo, autorización para a participación no seu capital social, e contraprestacións aplicables se fose o caso.
O Pleno ACORDA emitir informe favorable

12. Informe previo que proceda para a creación da empresa “EM3W” como EBT da UVigo, autorización para a participación no seu capital social, e contraprestacións aplicables se fose o caso.
O Pleno ACORDA emitir informe favorable

13. Acordo que proceda sobre a proposta de modificación do capital social e da correspondente participación da UVigo na EBT “Alen Space”.
O Pleno ACORDA emitir informe favorable

14. Información sobre a Oferta de emprego público do PAS da UVigo para o ano 2018.
O Pleno expresa a súa conformidade

15. Asignación de complementos retributivos adicionais a profesores por cargos de xestión e por recoñecemento da excelencia curricular. (Convocatoria 2017). Rectificación e resolución da ACSUG.
O Pleno ACORDA ratificar o acordo de asignación

16. Orzamento do Consello Social para o exercicio 2019.
Apróbase por asentimento

17. Aprobación, se procede, das liñas xerais do Plan de actuacións a desenvolver polo CS en 2019.
O Pleno dá a súa aprobación

18. Rogos e preguntas.
Manuel González, Mª Elena Añel, Mª Elvira Larriba, Antonio Macho, Oscar Moldes e Emilio Fernández