Actos do presidente

Ernesto Pedrosa intervén na inauguración do 8ª Salón Edugal

Máis de 5.000 estudantes, segundo dtos dos organizadores, pasarán entre o mércores 27 de febreiro e o venres 1 de marzo pola oitava edición do Salón de Oferta de Educación e de Formación de Galicia Edugal, que nesta xornada celebrou a súa inauguración no Pazo da Cultura e que promove a Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe) reunindo 56 expositores. A UVigo participa con 17 stands de facultades e escolas dos tres campus. A institución académica busca achegar información e asesoramento aos que poden ser os seus futuros alumnos e alumnas.

O Consello Social participa e colabora na edición actual do Salón e no acto inaugural interviu o Presidente, Ernesto Pedrosa, que opinou que Edugal “debería ser declarada de visita obrigatoria, xa que falta moita orientación profesional aos estudantes (entendendo que todos somos estudantes potenciais)”. Tamén asegurou que a UVigo e por suposto o Consello deben “pór a educación, a empregabilidade e a cultura no centro das nosas prioridades porque todo o sistema e toda a sociedade benefícianse e fortalécense cando a educación convértese en protagonista da vida dos cidadáns”. Así mesmo, tivo palabras de felicitación para o evento: “Edugal foi quen de crear e ofrecer un espazo aberto e sereno para coñecer, comparar, valorar, reflexionar e elixir. Un espazo ao que se vén a buscar futuro e a procurar certezas”.

[Fotografía e informacións tiradas dun artigo do DUVI sobre este tema]