Comisión de actividades e servizos

Apróbase patrocinar un estudo do Observatorio de Egresados, unha achega para organizar as V Xornadas de mecenado e a colaboración nas “Bolsas Ourense Exterior”

2019-04-02T17:54:58+00:001 de Abril de 2019|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 26 de marzo de 2019, ás 12:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.02.2019).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a proposta de patrocinio do “Estudo sobre as materias susceptibles de transmisión de persoas tituladas, e das necesidades formativas complementarias para a especialización profesional”, así como a súa edición en galego e castelán, dentro do Observatorio de egresados da UVigo.
    Acórdase elevar informe favorable ao Pleno cunha dotación de 15.000 €
  4. Acordo que proceda sobre a solicitude presentada para difundir no XVI Foro FECIES o “Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da UVigo 1990-2015”.
    Concédese unha axuda de 586 €
  5. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico presentada para a organización das “I Xornadas italo-españolas sobre feminización e xustiza”, no Campus de Ourense.
    Apróbase unha axuda de 1.500 €
  6. Avaliación e acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da distribución de axudas previstas na convocatoria aberta do Plan de apoio a titulacións para efectuar prácticas preprofesionais.
    A Comisión aproba a proposta para elevación ao Pleno
  7. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar o “III Congreso euroamericano de dereito e política”, evento académico internacional previsto no Campus de Ourense.
    Apróbase unha axuda de 1.300 €
  8. Aprobación, se procede, da achega precisa para organizar en Vigo, dende o Consello Social, as “V Xornadas de fundraising e mecenado”, coa colaboración da Conferencia de Consellos Sociais das universidades españolas.
    Apróbase elevar ao Pleno un pronunciamento favorable cunha estimación económica de 12.000 €
  9. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada dende a Vicerreitoría do Campus de Ourense para colaborar na nova edición da convocatoria das “Bolsas Ourense exterior”.
    Achéganse 5.500 €
  10. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada pola Delegación de alumnos de Industriais para a organización de actividades conmemorativas de “O patrón industrial 2019”.
    Concédense 1.500 €
  11. Acordo que proceda sobre a petición de apoio presentada pola Dirección da Escola de Enxeñaría Industrial para colaborar na organización da V Competición de robots da EEI.
    Achégase o importe total da petición que ascende a 500 €
  12. Rogos e preguntas.
    (Non hai)