Comisión económica

A Comisión informa favorablemente sobre o teito de gasto e a proposta de orzamento da UVigo para 2026 e aproba o orzamento do Consello para ese ano

2026-05-18T13:45:44+00:0018 de Decembro de 2025|Comisión económica|

O xoves, día 18 de decembro de 2025, ás 16:15 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (13.10.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente. Transparencia 2025 UVigo.
  3. Informe da Xerencia. Auditoría do Plan de medidas antifraude da UVigo.
    A Comisión dáse por informada e remite o asunto ao pleno.
  4. Informes solicitados á Xerencia no pleno do pasado mes de novembro:
    – Explicación do novo criterio aplicable sobre a composición das débedas de dubidoso cobro.
    – Actuacións e calendario previstos para solucionar a salvedade relativa ao inventario da UVigo.
    – Actuacións e calendario a desenvolver para normalizar a situación de terreos da UVigo.
    – Explicación das causas da ausencia de control horario na UVigo.
    A Comisión dáse por informada.
  5. Outros asuntos pendentes de información da Xerencia:
    – Evolución e situación das medidas correctoras aplicadas ás recomendacións do Consello de Contas.
    – Aproveitamento da auditoría operativa sobre o capítulo I. Informe sobre a aplicación de medidas.
    A Comisión dáse por informada.
  6. Informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2026. Elevación ao Pleno.
    A Comisión informa favorablemente.
  7. Acordo sobre a proposta de orzamento da UVigo para o exercicio 2026. Elevación ao Pleno.
    A Comisión informa favorablemente para a aprobación.
  8. Orzamento do Consello Social para o exercicio 2026. Estimación do peche do exercicio 2025.
    Apróbase por asentimento.
  9. Aprobación definitiva, se procede, da creación e participación da UVigo na empresa Spin-off NexoInn (Consello de Goberno do 24 de novembro de 2025).
    Apróbase por asentimento.
  10. Convenios asinados pola UVigo correspondentes aos meses de setembro, outubro e novembro.
    A Comisión dáse por informada.
  11. Rogos e preguntas.
    Non hai.