O martes, 4 de xuño de 2019, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (16.04.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do Presidente.
- Informe do Reitor.
- Aprobación definitiva, se procede, da creación da spin-off “Ancora” e da participación da UVigo, consonte acordo do Consello de Goberno de 29 de abril de 2019, e aprobación previa do Consello Social en pleno do 27 de decembro de 2018.
O Pleno dá a súa aprobación. - Informes sobre a taxa de abandono e a taxa de graduación na UVigo correspondente ao curso 2017/2018 e comparativas, consonte os datos da Área de Calidade.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, da modificación de estatutos da Asociación de universidades do Estado español con titulacións oficiais de Tradución e Interpretación (AUNETI).
O Pleno aproba a modificación. - Aprobación da adhesión da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da UVigo á Asociación Olimpíada Española de Economía.
O Pleno dá a súa aprobación. - Asignación de complementos. Outros acordos. Taxas e memorias.
O Pleno dá a súa aprobación. - Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para 2019, orientada a avanzar nas prácticas dos estudantes. Asignación económica.
O Pleno dá a súa aprobación. - Aprobación, se procede, sobre o patrocinio de actividades para concienciar á sociedade sobre o valor da ciencia e da innovación, e para a difusión de experiencias científicas e tecnolóxicas entre xoves estudantes.
O Pleno dá a súa conformidade. - Aprobación, se procede, da elaboración e distribución de carpetas-guía de acollida aos novos alumnos que se matriculen na UVigo o curso 2019-2020. Asignación económica.
O Pleno dá a súa aprobación. - Outros acordos.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, da colaboración solicitada para o fomento de competencias dixitais dos alumnos da UVigo, nos tres Campus.
O Pleno dá a súa aprobación. - Convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de abril.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, da delegación no presidente do Consello Social para a distribución das 53 bolsas-colaboración asignadas para o curso 2019-2020 á UVigo polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, da que se dará conta nun próximo Pleno.
O Pleno dá a súa aprobación. - Reflexións sobre a posible creación dunha universidade privada en Galicia.
- Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión ordinaria do Pleno do martes 4 de xuño de 2019
Documento PDF, 184 KB