Actos do presidente

O presidente do Consello social no acto de graduación de Povisa

2019-06-19T12:33:44+00:0019 de Xuño de 2019|Actos do presidente|

Durante o acto, celebrado na tarde do martes 18 de xuño, a dirección de Povisa anunciou que o hospital contratará os 60 alumnos e alumnas graduados da IX promoción de Grao de Enfermería.

No evento, alén de Ernesto Pedrosa, participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o conselleiro delegado do Hospital Povisa, José Bernardo Silveira, a presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro e  Alfonso García, director da Escola de Enfermería.

Alberto Fernández Villar, xefe de Neumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, impartiu a conferencia maxistral da graduación .