Actos do presidente

O Observatorio de Persoas Tituladas crea unha web para manter o contacto cos seus egresados e egresadas

2019-07-09T18:50:07+00:009 de Xullo de 2019|Actos do presidente, Novas|

O portal do Observatorio de Persoas Tituladas  presentouse o martes 9 de xullo nun acto no que participaron o director do Observatorio –Luis Espada–, o reitor da Universidade de Vigo –Manuel Reigosa–, o presidente do Consello Social –Ernesto Pedrosa– e as vicerreitoras Mónica Valderrama e Natalia Caparrini.

Espada e Víctor Manuel Martínez Cacharrón, “fidelizamos uns 12.000 tituladas e titulados dos preto de 71.500 que entre os anos 1989 e 2015 se graduaron na Universidade de Vigo”, dixo o director do observatorio. Os 12.000 egresadas e egresados, teñen por orixe case de 70 países diferentes.

Luis Espada tamén destacou que con esta web, a Universidade de Vigo convértese na primeira de España en incluír información sobre as súas persoas tituladas desde o ano da súa creación (curso 1989-1990) e agradeceu o apoio do anterior equipo de goberno de Salustiano Mato, o do goberno de Manuel Reigosa, e a colaboración do Consello Social. “Foi unha fusión de vontades”, apuntou.

Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, agradeceu a “laboriosa e heroica” adicación de Espada e Martínez Cacharrón e destacou que os egresados e as egresadas constituen un “elemento imprescindible” para a Universidade. Tamén revelou que outras instituciones amosaron interese por replicar a iniciativa da UVigo e subliñou a necesidade de mantener a comunicación cos titulados e tituladas para poder certificar que a formación académica e o mercado laboral van da man.