Colaboracións e patrocinios

O Consello Social dálle a benvida ao novo alumnado

2019-09-06T18:20:48+00:006 de Setembro de 2019|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Os días 4, 5 e 6 de setembro foron as datas elixidas para dar a benvida ao novo curso cunhas xornadas –unha por campus–para acoller e informar as 4.000 persoas que comezan unha nova etapa na UVigo, achegándolles os diferentes servizos que a institución pon a súa disposición e toda a información necesaria para desenvolvérense na vida académica. En cada evento, 16 postos de atención cumprían a función de amosar os diferentes programas e posibilidades que ofrece a Universidade. Son os que seguen:

Wifi, correo e teledocencia; aloxamento e transporte; tarxeta universitaria; Biblioteca; bolsas e axudas; mobilidade (ORI); Centro de Linguas; Área de Normalización Lingüística; Emprego e emprendemento; Unidade de Igualdade; Cultura; Benestar, saúde e deporte; Delegacións e asociacións de alumnado; Voluntariado; Atención á diversidade e, tamén, Información xeral.

Acompañouse estas accións informativas doutras máis lúdicas, onde houbo música, actividades científicas e culturais, actividades deportivas, xeados, bebidas etc.

Capas das carpetas de benvida elaboradas polo Consello Social e entregadas en cada campus

Máis de 2.000 estudantes pasaron por estas xornadas. E como cada ano, estas benvidas contaron coa colaboración do Consello Social.

[Fotografía do evento recollida do DUVI]