Comisión de actividades e servizos

Apróbanse a convocatoria e axudas de Practicum 2019/20, a edición do informe “100 titulacións da UVigo 1990/2015” e a Memoria do Consello de 2018

2019-12-03T17:00:53+00:0021 de Novembro de 2019|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 21 de novembro de 2019, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (10.10.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.a) Programa definitivo da Gala do Deporte (pendente CAS 10.10.2019).
    b) Listado axudas.
  3. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a edición en galego e castelán do informe “100 titulacións da UVigo (1990/2015). Formación complementaria e especialización profesional das persoas tituladas”, traballo elaborado dentro do proxecto Observatorio de Egresados.
    A Comisión aproba a proposta para pasar ao Pleno.
  4. Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o curso 2019/2020, e da dotación económica correspondente, para elevación ao Pleno do Consello Social.
    A Comisión informa favorablemente.
  5. Aprobación, se procede, da Memoria de actividades do Consello Social correspondente ao 2018, e da edición da publicación en soportes dixital e impreso.
    Apróbase a proposta.
  6. Rogos e preguntas.
    Non hai.