O pleno dáse por informado dos convenios asinados pola UVigo e dos acordos e axudas aprobados pola CAS. Tamén informa favorablemente á implantación do grao en Deseño e Creación

2019-11-22T18:19:58+00:0018 de Novembro de 2019|Pleno|

O martes, 17 de setembro de 2019, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.07.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe que proceda sobre a proposta de implantación da titulación oficial de Grao en Deseño e Creación na UVigo para o curso 2020-2021.
    O Pleno informa favorablemente.
  5. Acordos e axudas concedidas pola Comisión de Actividades e Servizos (12.09.2019).
    O Pleno dáse por informado.
  6. Avaliación do proceso de denuncia do convenio de adscrición á UVigo do IESIDE. Informede situación e acordo que proceda, de ser o caso.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  7. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo no mes de xullo de 2019.
    O Pleno dáse por informado.
  8. Rogos e preguntas.
    Intervenciónse preguntas de José María Franco e Antonio Macho. 
    Así mesmo, o Pleno a instancia de Carmen Fouces, manifesta a máis absoluta condena da violencia machista e o máis profundo pesar polos asasinatos de tres mulleres dunha mesma familia, cometidos polo marido dunha delas no Concello de Valga.