Actos do presidente

Inaugúrase a novena edición de Edugal, feira que conta coa colaboración do Consello Social

2020-02-13T11:37:52+00:0013 de Febreiro de 2020|Actos do presidente, Colaboracións e patrocinios, Novas|

O mércores 12 de febreiro tivo lugar a inauguración de Edugal. Desde ese momento e ata o venres, milleiros de estudantes de toda Galicia pasarán polo Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se celebra a novena edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia Edugal. A feira está promovida pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe).

O principal obxectivo do evento é proporcionar información e orientación académica para facilitar que os estudantes elixan o seu futuro. Para conseguilo, ademáis dos puntos de información, celébranse conferencias, charlas, obradoiros e demostracións.

Unha vista do espazo da Feira

A Universidade de Vigo ten unha gran representación, contando –alén do stand institucional– con presenza de 18 centros dos tres campus.

No acto de inauguración participou a Conselleira de Educación, Carmen Pomar, os vicerreitores Jorge Soto e Natalia Caparrini; e Ernesto Pedrosa, Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo que, como é habitual, colabora coa feira.

[Información e imaxes recollidas dunha nova do DUVI]