O xoves, 2 de xullo de 2020, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
-
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (19.06.2020).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Distribución das bolsas-colaboración asignadas á Universidade de Vigo polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2020/2021. Acordo que proceda. Propostas, acordos e informes da Comisión Económica (reunión do 23 de xuño de 2020).
Apróbase a distribución. - Conta de liquidación do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2019. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións. Aprobación se procede.
O pleno dá a súa aprobación. - Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Aprobación se procede.
O pleno dá a súa aprobación. - Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA). Aprobación se procede.
O pleno dá a súa aprobación. - Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Aprobación se procede.
O pleno dá a súa aprobación. - Aprobación, se procede, de transferencias de crédito para cumprir cos obxectivos do convenio de accións estratéxicas de I+D+i asinado coa Xunta de Galicia para os exercicios 2019 e 2020.
O pleno dá a súa aprobación. - Recepción e análise do informe de auditoría operativa sobre “Estrutura, funcionamento e xustificación de proxectos internacionais de cooperación e de investigación, con financiamento europeo, noutras universidades españolas”.
O pleno dá a súa aprobación. - Elección de tema para o próximo informe de auditoría operativa.
O pleno dá a súa aprobación. - Aprobación, se procede, da doazón polo Karolinska Institute (Suecia) á UVigo do equipo Patch Clamp (fixación de membranas).
O pleno dá a súa aprobación. - Outros asuntos. Remanentes, correccións orzamentarias, convenios.
O pleno dá a conformidade. - Cesión de tecnoloxía da Universidade de Vigo á empresa Coinscrap Finance, S.L.
O pleno dá a súa aprobación. - Solicitude de modificación do punto 2 da Normativa e recomendacións de prezos e taxas das ensinanzas propias da Universidade de Vigo.
O pleno dá a súa aprobación. - Rogos e preguntas.
Interveñen Juan M. Vieites e Rodrigo Cerviño.
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (19.06.2020).
Acta do Pleno do Consello Social do xoves 2 de xullo de 2020
Documento PDF, 184 KB