Colaboracións e patrocinios

Celébrase o cuarto Fluor –Congreso atlántico de marqueting dixital– coa axuda do Consello Social

2022-06-14T13:43:36+00:0014 de Xuño de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|

O Congreso Fluor que está organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia e a asociación galega de márketing Markea celebrouse en Pontevedra os días 9 e 10 de xuño, chegando así á súa cuarta edición. Na sede de Afundación, as principais empresas e profesionais do sector puideron coñecer o traballo, traxectoria e intereses de 18 estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, nun encontro de carácter informal que emulaba o formato dun speed dating.

O congreso, promovido co apoio do Consello Social reuniu representantes de dez axencias de publicidade, márketing dixital, produción audiovisual e planificación de medios e estudantes das diferentes titulacións da facultade, co obxectivo de achegar novos talentos ao mundo empresarial, nun evento informal dirixido a establecer un primeiro contacto entre os futuros e futuras profesionais e os responsables das axencias participantes: Bysidecar, Recados Carmen, Siete Olas Comunicación, Nasas, Wise Creatividad, Miraveo, Ingenio Media, Ahao Studio, Bushido Talento e Ovixia.