Comisión de actividades e servizos

Apróbanse diferentes achegas axudas e asignacións para congresos, xornadas, estudos, eventos deportivos e edición do material de benvida ao novo estudantado do curso 2023-24

2023-05-25T18:20:26+00:0018 de Maio de 2023|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 18 de maio de 2023, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (23.02.2023).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a petición de colaboración na Primeira Xornada de Ciencia Aberta, promovida pola Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
    Apróbase unha achega.
  4. Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na produción e distribución de material de acollida ao alumnado da UVigo no curso 2023/2024, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
    A Comisión propón facer unha achega.
  5. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do “II Congreso internacional de innovación docente: la enseñanza del Derecho a debate”, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
    Apróbase unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a organización do congreso “European Systemic Functional Linguistics Conference”, na Facultade de Filoloxía e Tradución.
    Concédese unha axuda.
  7. Acordo que proceda sobre a petición de axuda solicitada pola Facultade de Comunicación para a celebración do “IV Doctorial da Asociación española de Comunicación (AE-IC)”.
    Asígnase unha axuda.
  8. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para conectar a empresas e estudantes no Congreso Atlántico de Marketing dixital “Flúor”.
    Apróbase unha achega.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio para a organización en Vigo do XXXIV Congreso estatal de estudantes de Telecomunicacións.
    Asígnase unha achega.
  10. Acordo que proceda sobre a proposta de elaboración dun estudo para o acompañamento a estudantado estranxeiro na UVigo.
    A Comisión propón facer unha achega para realizar o estudo.
  11. Acordo que proceda sobre a financiación do estudo sobre inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais de Grao e Mestrado da UVigo no curso académico 2020/2021.
    Apróbase unha asignación.
  12. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a organización na UVigo (Campus de Ourense) do Campionato nacional de fútbol-sala do PAS universitario.
    Apróbase unha axuda.
  13. Rogos e preguntas.
    Intervén o secretario en relación coas novas competencias que asumen os Consellos Sociais.