Os días 1 e 2 de xuño a Conferencia de Rectores de Universidades (CRUE) e mais a UVigo organizaron en Vigo as xornadas estatais sobre ciencia aberta e acceso aos resultados da investigación, co obxectivo de promover esta práctica para fomentar a transparencia, a colaboración e a innovación. Esta edición contou coa colaboración do Consello Social.
Agora, UVigoTV publica os vídeos das xornadas. Abaixo pode verse o da inauguración e ao fondo da páxina hai un botón para poder visualizar a serie completa.