O luns, 25 de marzo de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (28.12.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Aprobación inicial, se procede, da creación e da participación da Universidade de Vigo na spin-off ECOLABO, e contraprestacións aplicables, de ser o caso.
Apróbase a proposta. - Aprobación, se procede, da solicitude de apoio ao programa “eDestrezas”, promovido dende a Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, para fomentar as competencias dixitais de alumnado, PAS e PDI, con docencia en remoto.
Apróbase a colaboración solicitada. - Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada pola Delegación de alumnos de Química, para a organización do Mes da Ciencia 2024.
Apróbase unha achega.
Propostas informadas favorablemente e acordos da CAS (xuntanza do 22 de febreiro de 2024)
- Aprobación, se procede, da asignación das axudas previstas na convocatoria de Prácticums do Consello Social, correspondente a 2024.
Apróbanse a distribución das axudas. - Aprobación, se procede, da realización dun estudo para medir o impacto socioeconómico e o valor social da UVigo, e avanzar na RSC da institución.
O Pleno ratifica unha achega. - Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración presentada pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra para desenvolver actividades en 2024.
O Pleno ratifica unha achega. - Outros acordos. Axudas e patrocinios.
O Pleno dáse por informado.
Propostas con informe favorable e acordos da Comisión Económica (xuntanza do 29 de febreiro de 2024)
- Liquidación do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2023. Carta de avance de auditoría.
O Pleno informa favorablemente e dáse por informado. - Informe que proceda sobre a modificación puntual da RPT da UVigo. Modificación de niveis de complementos de destino.
O Pleno informa favorablemente. - Asignación de retribucións adicionais. Resolución relativa ao complemento de excelencia curricular docente e investigadora, convocatoria 2022.
O Pleno aproba a asignación. - Elección dun novo ámbito para elaborar un informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas, na UVigo.
O Pleno dá a conformidade. - Outros asuntos. Control e seguimento da aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da UVigo, e da normativa de xestión de espazos universitarios. Convenios asinados en decembro de 2023 e xaneiro de 2024.
O Pleno dáse por informado.
Asuntos remitidos polo Consello de Goberno (xuntanzas do 24 de xaneiro e 28 de febreiro de 2024)
- Declaración de interese de verificación/modificación de títulos de Grao, Máster e Programas de Doutoramento para o curso 2025/2026
https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, dos prezos das residencias de estudantes para o curso 2024/2025.
Apróbase a táboa de prezos proposta. - Designación de representante do Consello Social na Comisión de Estudos do Centro de Posgrao e Formación Permanente da UVigo.
O Pleno dá a conformidade.
19. Rogos e preguntas.
Intervén José Manuel Vieites.