O venres, 30 de maio de 2025, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (25.03.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Posicionamento da UVigo sobre a posta en marcha da titulación de Dereito na UIE.
O Pleno dá conformidade á redacción do pronunciamento que será remitido á Consellería. - Informe do vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente:
- Previsión, situación e perspectivas da oferta académica da Universidade de Vigo. Formación dual, dobres titulacións e outras (PARS, programas de simultaneidades). Modificacións non substanciais de títulos para o curso 2025/2026.
- Actividade do Centro de posgrao e formación permanente (CPFP). Títulos propios impartidos nas distintas modalidades. Evolución da matrícula por modalidade e Campus. Datos xerais.
O pleno dáse por informado.
- Informe que proceda sobre as propostas de verificación ou modificación de títulos de Grao, Mestrado e Doutoramento da Universidade de Vigo para o curso 2026/2027.
O Pleno informa favorablemente. - Aprobación, se procede, da proposta de prezos públicos para os títulos propios do CPFP para o curso 2025/2026.
Apróbase a proposta. - Aprobación, se procede, da solicitude de prezo reducido para o Curso de Negociación colectiva e individual no ámbito laboral.
Apróbase o prezo reducido. - Aprobación, se procede, dos prezos de matrícula das microcredenciais para o curso 2024/2025.
Apróbanse os prezos das microcredenciais. - Aprobación, se procede, dun prezo público en concepto de “reserva de praza” para alumnado estranxeiro de Máster.
Apróbase o prezo para a reserva de praza. - Informe que proceda sobre o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos nas universidades públicas do SUG.
Infórmase favorablemente o Decreto que fixa os prezos do SUG. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos cursos de Extensión Universitaria 2025 nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
Apróbanse os prezos dos cursos de Extensión Universitaria. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos para a actividade “Campus Camp”, a desenvolver durante as vacacións nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
Apróbanse os prezos do Campus Camp.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos do 29.04.2025
- Aprobación, se procede, da elaboración e dotación económica dun estudo sobre a oferta e a demanda de aloxamentos nos tres campus da Universidade de Vigo. Identificación de necesidades e propostas de solucións.
Apróbase por asentimento. - Outros acordos: axudas e delegación. (Resumidos na documentación que se xunta).
O Pleno dáse por informado.
- Designación dun representante do Consello Social na Unidade de Diversidade da Universidade de Vigo. Declaracións de interese. Acordo que proceda.
O Pleno dá a súa conformidade. - Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración para a celebración dun Campus Tecnolóxico dirixido a nenas (80% das prazas) e nenos, para fomentar a igualdade de xénero e o interese polas titulacións TIC.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no proxecto GUESSS, unha iniciativa internacional para medir, orientar e fomentar o emprendemento estudantil e a disposición a emprender ou crear novas empresas.
Apróbase unha achega. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en febreiro, marzo e abril de 2025.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
Interveñen: César Blanco, Antonio Macho, Teresa Cendón e Juan José Sanmaría (que reflexiona sobre diferentes temas que se recollen literalmente nun anexo a esta acta).
Acta do Pleno do 30-05-2025
Documento PDF, 298 KB
Intervencións de Juan José Santamaría no Pleno do 30-05-2025
Documento PDF, 91 KB