O luns, día 30 de xuño de 2025, ás 12:15 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (06.03.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Asuntos pendentes de anteriores sesións. Para informes da Xerencia:
a) FEUGA. Encargo á Xerencia (C. Econ. decembro 2023): – Informe aos investigadores que deben liquidar coas regras de gasto de FEUGA os importes que consideren antes do 31/12/2025.
Apróbase por asentimento cunha serie de puntalizacións (Ver no PDF)
b) AUDITORÍA INVENTARIO. – Informe da Xerencia sobre a evolución do control de patrimonio: edificios e material inventariable (C. Econ. decembro 2024).
A comisión dáse por informada e pide seguir recibindo información sobre os avances.
c) AUDITORÍA GASTOS CAP. I. – Informe da Xerencia sobre a evolución das medidas que se están a aplicar. Obxectivos, control horario. (C. Econ. xuño 2024).
A comisión solicita que se sigan remitindo datos actualizados sobre este asunto.
d) MODIFICACIÓN RPT. – Envío da Xerencia do informe positivo da Xunta de Galicia sobre a creación deste Servizo e a memoria económica enviada, para que quede no expediente.
A comisión reitera a necesidade de actuar a favor da contención do gasto.
e) Información sobre a contratación colectiva en curso.
A Xerencia remite ligazóns para acceder á documentación que se solicita.
- Proposta de aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo do exercicio 2024. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
A comisión dá a aprobación consonte o informe de auditoría e eleva informe favorable ao pleno. - Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Proposta de aprobación.
Apróbase para elevar informe favorable ao pleno, conforme ao informe de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA). Proposta de aprobación.
Apróbase para elevar informe favorable ao pleno, consonte o informe de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2024 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI). Proposta de aprobación.
Apróbase para elevar informe favorable ao pleno, consonte o informe de auditoría. - Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “procedementos de xestión económica da Universidade de Vigo, con especial referencia aos fondos MRR recibidos”.
A comisión dáse por informada. - Aprobación inicial, se procede, da creación da spin-off “CIES5SEC”.
Apróbase por asentimento. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante o mes de maio de 2025.
A comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas
Non hai.