O xoves día 19 de xuño de 2025, ás 11:45 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (07.10.2024).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Presentación das conclusións do estudo sobre o ”Impacto social da UVigo: Análise de materialidade da actividade” .
Trasládase o informe ao Pleno. - Aprobación, se procede, da asignación inicial das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, para o curso 2025/2026, aos departamentos da Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da doazón dun busto dedicado a un ex-profesor da Facultade de Filoloxía e Traducción.
Apróbase por asentimento. - Acordo que proceda sobre a asignación de complementos a profesorado da Universidade de Vigo por recoñecemento ao labor docente e investigador, á excelencia curricular docente e investigadora e polos cargos de xestión.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da non continuidade da Universidade de Vigo como membro da Asociación de Universidades con titulacións oficiais de Tradución e Interpretación (AUnETI).
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, dunha aportación do Consello Social para a elaboración e entrega de material de acollida ao alumnado de novo ingreso no curso 2025/2026, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a axuda económica solicitada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, para organizar a IV edición dos “Premios Alumni UVigo 2025”.
Apróbase unha axuda. - Aprobación, se procede, de novos prezos de matrícula do Programa Universitario de Maiores, para o curso 2025/2026.
Apróbase por asentimento. - Informe sobre as doazóns bibliográficas á Universidade de Vigo rexistradas en 2024.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Interveñen: Elvira Larriba, Xulio Calviño e o reitor.
Acordos da CEX do 19-06-2025
Documento PDF, 279 KB