Comisión económica

Acordase a participación da UVigo en dúas spin-off, a contratación dunha auditoria externa para as contas da UVigo, a aceptación dunha doazón de equipamento e a ampliación da achega ao capital de SIGMA

2025-12-26T11:24:35+00:0013 de Outubro de 2025|Comisión económica|

O luns, día 13 de outubro de 2025, ás 12:10 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (30.06.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. FEUGA: Previsión de cumprimento, operativa e calendario da proposta de eliminación de remanente. Actualización do estado dos saldos.
    A comisión dáse por informada.
  4. Rexistro de terreos a nome da Universidade de Vigo. Solicitude de informe á Xerencia sobre a situación actual e medidas necesarias a adoptar.
    A comisión dáse por informada.
  5. Salvedades sobre as contas 2024 da Universidade de Vigo: Consultas á Xerencia para clarificar a situación do remanente e do saldo de debedores de dubidoso cobro, consonte as contas anuais aprobadas polo Consello Social.
    A comisión dáse por informada.
  6. Aprobación definitiva da creación e participación da Universidade de Vigo na empresa spin-off CIES5SEC. (Consello de Goberno do 25 de xuño de 2025).
    Apróbase por asentimento.
  7. Aprobación inicial, se procede, da creación da spin-off Nexolnn.
    Apróbase por asentimento.
  8. Contratación da realización dun informe de auditoría externa e memorando de recomendación das contas da Universidade de Vigo de 2025 e seguintes, consonte o disposto na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG. Acordo que proceda.
    Apróbase por asentimento.
  9. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2025.
    A comisión dáse por informada.
  10. Aprobación, se procede, da aceptación de equipos doados pola Fundación FAIMEVI á Universidade de Vigo, consonte proposta do Consello de Goberno.
    Apróbase por asentimento.
  11. Aprobación, se procede, da ampliación de aportación de capital social a SIGMA. (Acordo do Consello de Goberno).
    Apróbase por asentimento.
  12. Información sobre a Oferta de Emprego Público 2025.
    A comisión dáse por informada.
  13. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Xosé Manuel Atanes e a Xerente.