Colaboracións e patrocinios

O Consello Social colabora co Ciclo “Conversas #Emprender” na súa segunda edición

2026-01-29T10:44:25+00:0029 de Xaneiro de 2026|Colaboracións e patrocinios, Novas|

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense continua coa segunda edición de Conversas #Emprender, unha iniciativa que forma parte das actividades de Meta, programa de mentorización que se desenvolve cada curso académico no centro.

Conversas #Emprender é un ciclo de conferencias-coloquio que ten como obxectivo promover a divulgación científica, o emprendemento e a cultura empresarial da cidadanía e por en valor a importancia da investigación en economía e empresa. Na Conversa un investigador comparte o escenario cun profesional relacionado co emprendemento, sendo os temas elixidos de interese xeral, abordando asuntos de actualidade relacionados co mundo da empresa e a súa conexión coa sociedade e o medio ambiente. Este formato fomenta o debate e a crítica de novos coñecementos, ideas e opinións entre amplos colectivos sociais.

Podes ver aquí os vídeos das últimas “Conversas” realizadas:

[T2E1] – Retos da CSRD: Sustentabilidade, emprendemento e xénero

Martes, 8 de outubro de 2024 na Sala de Lectura da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
 
Interveñen: Paula Nogueira Costas, Directora económica de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) e Diego R. Toubes (moderador), profesor de Dirección Estratéxica da FCETOU.

 

[T2E2] – Emprendemento e control de xestión nas pemes

Mércores, 19 de febreiro de 2025 na Sala de Lectura da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
 
Interveñen: Laura Gómez, profesora da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e Julio Sotomayor e Daniel Guzmán, fundadores do Restaurante Nova. Ernesto López-Valeiras, profesor de Contabilidade na FCETOU, foi o moderador da sesión.

 

[T2E3] – Estratexia empresarial en tempos de incertezas: retos para o emprendedor actual

Martes, 7 de outubro de 2025 na Sala de Lectura da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
 
Interveñen: Diego González, CEO de Qualigal e Ingade e presidente do Club Ourense Baloncesto (COB), e Diego R. Toubes, profesor de Dirección Estratéxica na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

 

[T2E4] – Retos das empresas na área de operacións: dixitalización e intraemprendemento

Mércores, 29 de outubro de 2025 na Sala de Lectura da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
 
Interveñen: Iago Castro, Director de Produción en MRF; Nuria Rodríguez López, profesora de Dirección de operacións na FCETOU. Modera: Ernesto López-Valeiras, profesor de Contabilidade de custos na FCETOU.