O pleno aproba diversas propostas das comisións Económica, Executiva e de Actividades e Servizos, a convocatoria Prácticums para 2026, a incoporación dun novo membro e asigna responsabilidades a outros compoñentes do Consello

2026-01-13T13:34:58+00:0025 de Novembro de 2025|Pleno|

O martes, día 25 de novembro de 2025, ás 10:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (17.07.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.

Propostas, análises, informes e acordos da Comisión Económica (13 de outubro de 2025)

  1. FEUGA: Prazo para a eliminación de remanente. Estado dos saldos.
    O pleno dáse por informado.
  2. Salvedades sobre as contas de 2024 da UVigo. Informes solicitados á Xerencia sobre a situación do remanente e os saldos de dubidoso cobro.
    O pleno dáse por informado.
  3. Informe solicitado á Xerencia sobre o rexistro de terreos da UVigo. Situación e medidas a adoptar.
    O pleno dáse por informado.
  4. Aprobación definitiva da creación e participación da UVigo na spin-off CIES5SEC (Consello de Goberno do 25 de xuño de 2025).
    O pleno acorda dar a súa aprobación.
  5. Outros asuntos. (Spin-off “Nexolnn”. Contratación de auditoría de contas de 2025 e seguintes. Doazón de equipos pola Fundación FAIMEVI. Ampliación da aportación de capital social a SIGMA. Convenios. Oferta de emprego público 2025).
    O pleno dá a súa conformidade.

Propostas de aprobación e acordos aprobados pola Comisión Executiva (16 de outubro de 2025)

  1. Aprobación definitiva das Bolsas-colaboración.
    Apróbase por asentimento.
  2. Creación do Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte (INCIDE).
    Volverá ao pleno coa nova denominación.
  3. Designación de novos membros das Comisións Executiva e Económica.
    O pleno dá a súa conformidade.
  4. Outros acordos. Titulacións 2027/2028. Axudas.
    O pleno dáse por informado.

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (11 de setembro de 2025)

  1. Aprobación dos prezos públicos aplicables a titulacións oficiais no curso 2025/2026, por servizos administrativos e académicos da UVigo.
    Apróbase por asentimento.
  2. Acordos de patrocinio e axudas.
    O pleno dáse por informado.


  1. Incorporación de Luis Novoa Fernández como novo membro do Consello Social en representación da Confederación de Empresarios de Ourense.
    O presidente comunica dita incorporación.
  2. Designación dun representante do Consello Social no Instituto de Investigación de Ciencias do Deporte.
    Apróbase a designación de Ernesto Pedrosa.
  3. Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o ano 2026, e dotación económica correspondente.
    Apróbase por asentimento.
  4. Informe do Reitor. Posicionamento da UVigo sobre a titulación de Medicina. Outros asuntos varios.
  5. Presentación das conclusións do estudo do Observatorio das persoas tituladas en estudos oficiais en toda a historia da UVigo (1990-2024)
    O presidente agradece o traballo e avoga pola súa continuidade.
  6. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Elena Añel e Juan José Santamaría presenta por escrito varias consideracións.
Acordos do pleno do 25-11-2025 Documento PDF, 340 KB