Comisión económica

Apróbanse as taxas das residenciais, os prezos por servizos das actividades do Campus Camp 2026/2027 e a adscrición do centro EUSES-Vigo así como se informa favorable sobre os prezos do SUG

2026-06-15T13:19:00+00:0011 de Maio de 2026|Comisión económica|

O luns, día 11 de maio de 2026, ás 12:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.12.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
    Asuntos pendentes de sesións anteriores. (Informes da Xerencia):
    a) Estado dos avances rexistrados para o cumprimento das recomendacións feitas polo Consello de Contas á Universidade de Vigo.
    b) Estado dos avances na información rexistral e catastral asociada aos bens inmobles e terreos vinculados á Universidade de Vigo.
    c) Comparativa do remanente de Tesouraría dispoñible da Universidade de Vigo entre os exercicios 2024 e 2023, para levantar a 2ª salvidade do informe de auditoría do exercicio 2024.
    A comisión dáse por informada respecto a cada un dos tres puntos.
  3. Comunicación aos investigadores do procedemento e prazos para a eliminación do remanente existente en FEUGA, o próximo mes de outubro.
    Apróbase por asentimento.
  4. Informe de aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa “Procedementos de xestión económica da Universidade de Vigo, con especial referencia aos fondos MRR recibidos”.
    A comisión dáse por informada.
  5. Solicitude de aclaracións á Mesa de Contratación da Universidade de Vigo sobre a longa tramitación do expediente para a contratación do informe de auditoría das contas da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2025, iniciado en setembro de 2025 e aínda non rematado, e a falta de comunicación co Consello Social durante o proceso. Comparecencia do presidente da Mesa.
  6. Aprobación, se procede, dos prezos dos complexos residenciais da Universidade de Vigo para o curso 2026/2027. (Consello de Goberno do 23 de febreiro de 2026).
    Apróbanse as taxas por asentimento.
  7.  Aprobación, se procede, dos prezos públicos que afectan a titulacións oficiais da Universidade de Vigo, aplicables ao curso 2026/2027, por servizos administrativos e académicos.
    Apróbase por asentimento.
  8. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para as actividades do Campus Camp 2026.
    Apróbase por asentimento.
  9.  Informe que proceda sobre o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos nas universidades públicas do SUG para o curso 2026/2027.
    Infórmase favorablemente.
  10.  Aprobación, se procede, do convenio de cooperación educativa entre a entidade mercantil EUSES VIGO, S.L.U. e a Universidade de Vigo, para a adscrición do Centro universitario “EUSES-VIGO”. (Consello de Goberno do 25 de marzo de 2026).
    Apróbase por asentimento.
  11. Control e seguimento de competencias:
    a) Aplicación do Regulamento de Xestión do patrimonio da Universidade de Vigo: Doazóns bens mobles amortizados ou obsoletos (art. 20.4); Doazóns menores e correntes (art. 25.2); Arrendamentos (art. 26).
    b) Aplicación da Normativa de cesión de espazos universitarios. Informe sobre as dispensas de pago concedidas pola Xerencia (art.3).
    A comisión dáse por informada.
  12. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante os meses de decembro de 2025 e xaneiro, febreiro e marzo de 2026.
    A comisión dáse por informada.
  13. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acta reunión CEC 11-05.2026 Documento PDF, 306 KB