Comisión executiva

Apróbase designar novos membros en comisións do Consello, temén diversas axudas, e confírmanse definitivamente as Bolsas-Colaboración do Ministerio de Educación

2026-06-24T13:02:39+00:0016 de Outubro de 2025|Comisión executiva|

O xoves día 16 de outubro de 2025, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.06.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Presentación dos resultados do último estudo de inserción laboral feito polo Observatorio das persoas tituladas en estudos oficiais da Universidade de Vigo 1990-2024.
  4. Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións da Universidade de Vigo para o curso 2027/2028.
    A comisión dáse por informada.
  5. Informe que proceda sobre o cambio de nome do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE). Consello de Goberno do 10 de outubro de 2025.
    Retírase o punto e adíase para a próxima sesión.
  6. Aprobación definitiva das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes á Universidade de Vigo para o curso 2025/2026.
    Apróbase por asentimento.
  7. Informe que proceda sobre a creación do Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte (INCIDE). Consello de Goberno do 30 de xullo de 2025.
    Infórmase favorablemente.
  8. Designación dun novo membro da Comisión Executiva do Consello Social.
    Apróbase por asentimento.
  9. Designación dun novo membro da Comisión Económica do Consello Social.
    Apróbase por asentimento.
  10. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a organización do seminario “Xeotermia. Casos prácticos”.
    Apróbase por asentimento.
  11. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para desenvolver unha xornada de formación destinada a alumnado das facultades de Filoloxía e Tradución e de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
    Acórdase unha determinada achega.
  12. Rogos e preguntas.
    Intervén o reitor en resposta a Xulio Calviño.