O martes, 30 de xuño de 2026, ás 13:00 horas, celebrouse sesión extraordinaria virtual do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar o seguinte punto da orde do día:
ORDE DO DÍA
Punto único: Acordo que proceda para o nomeamento da persoa responsable da Xerencia da Universidade de Vigo, consonte os termos previstos no artigo 50.1) da Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), e no artigo 75.4c) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Dá conta o presidente da urxencia da convocatoria, agradece a asistencia dos membros e saúda expresamente a primeira presenza da reitora, Carmen García Mateo, “a quen lle daremos a benvida no próximo pleno presencial”, pero á que quero anticiparlle hoxe “os mellores desexos, a confianza e a lealdade deste Consello Social”.
PUNTO ÚNICO
Acordo que proceda para o nomeamento da persoa responsable da Xerencia da Universidade de Vigo, consonte os termos previstos no artigo 50.1) da Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), e no artigo 75.4c) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Univer sitario de Galicia (SUG).
Xustifica Ernesto Pedrosa o carácter extraordinario e o soporte telemático no que se desenvolve a sesión para axilizar ao máximo a tramitación do nomeamento da nova responsable da Xerencia da Universidade de Vigo, que se debe acordar coa reitora atendendo a criterios de “competencia profesional, experiencia e xestión”.
Subliña que o nomeamento, consonte á lei, require a concorrencia das vontades doutros órganos administrativos diferentes –Consello Social e Reitoría–, dende propósitos idénticos e sen que ningunha das expresións da vontade poida considerarse como unha proposta ou acto de trámite respecto da outra.
A reitora manifesta, na súa intervención, o agradecemento ao Consello Social pola celeridade na convocatoria. Destaca varios fitos na traxectoria profesional de Ana María Comesaña Álvarez, o seu coñecemento da Universidade de Vigo (ocupou a Vicexerencia de Persoal) e a súa experiencia en dirección de recursos humanos, relación laborais e organización de grandes institucións públicas. Conclúe que “ten o perfil acaído para o posto”.
Expostas as argumentacións, por asentimento,
O Pleno aproba o acordo para nomear a Ana María Comesaña Álvarez, xerente da Universidade de Vigo.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.