Histórico

O Pleno aproba o orzamento da Universidade para o exercicio 2018, o do Consello e o plan de actuación

2020-02-21T13:13:17+00:0028 de Decembro de 2017|Pleno|

O mércores, 27 de decembro de 2017, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.11.2017).

Apróbase por asentimento.

2. Informe do presidente.

3. Informe do Reitor.

Propostas, acordos e informes da Comisión Económica (reunión do 20.12.2017)

4. Informe sobre o teito máximo de gasto anual da Universidade de Vigo para o exercicio 2018, consonte o disposto no Real Decreto Lei 14/2012, do 20 de abril.
O Pleno dá a súa conformidade

5. Proposta de aprobación, se procede, do orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2018. (Consello de goberno 19.12.2017)
O Pleno aproba o orzamento

6. Informe sobre a previsión de cumprimento pola Universidade de Vigo da elaboración da liquidación do orzamento antes do 1 de marzo de 2018, consonte Real decreto Lei 40/2012.
O Pleno dáse por informado

7. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de outubro e novembro.
O Pleno dáse por informado

8. Aprobación, se procede, de taxas de cursos propios e informe sobre memorias finais.
O Pleno dá a súa aprobación

9. Aprobación, se procede, das liñas xerais do orzamento do Consello Social para 2018.
O Pleno dá a súa aprobación

10. Aprobación, se procede, da proposta do Plan de actuación a desenvolver polo Consello Social en 2018.
O Pleno dá a súa aprobación

11. Rogos e preguntas.