Pont-Up Store é o encontro de emprendemento impulsado pola Universidade de Vigo e celebrado en Pontevedra, no marco do Campus Crea S2i. O Consello Social é unha das entidades que apoia e patrocina esta iniciativa co proposito de poñer en valor o “talento transformador” –lema desta edición– dos emprendedores e emprendedoras.
Do xoves 20 de outubro ao sábado 22, 45 novas empresas, seleccionadas de entre 144 candidaturas, deron a coñecer os seus produtos que van do uso da fabricación de equipos de audio a unha rede social de turismo colaborativo, unha escola de feminismos alternativos ou unha proposta baseada nas terapias con animais.
Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo salientou no acto inaugural que promover “a cultura do emprendemento é unha tarefa, que polo seu tamaño e transcendencia, esixe da participación de todos”.