O xoves, día 28 de febreiro de 2019, ás 12:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11.12.2018).
Apróbase por asentimento.
2. Informe do presidente.
3. Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da UVigo. Informe de execución orzamentaria anual, consonte o Real Decreto-Lei 14/2002, do 20 de abril. Elevación de informe ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente.
4. Control e seguimento da Normativa de cesión de espazos universitarios. Informe que proceda sobre as dispensas de pago acordadas dende a Xerencia. (Acordo do 29 de xuño de 2017).
A Comisión dáse por informada.
5. Control e seguimento do Regulamento de xestión do patrimonio da UVigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes. (Acordo do 29 de xuño de 2017).
A Comisión dáse por informada.
6. Aprobación definitiva, se procede, da creación da EBT EM3W, e da participación da UVigo, consonte acordo do Consello de Goberno do 22 de xaneiro de 2019.
A Comisión dá a aprobación definitiva e dá conta ao Pleno.
7. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en decembro de 2018 e xaneiro de 2019. Convenios con dotación económica.
A Comisión dáse por informada.
8. Rogos e preguntas.
O presidente agradece a asistencia dos presentes, en especial de Rodrigo Cerviño, Director de Administración da UVigo, que asiste como invitado a fin de informar á Comisión.