Actos do presidente

Pedrosa felicita as 94 persoas egresadas de Ciencias Empresariais e Turismo

2019-06-04T13:20:02+00:0031 de Maio de 2019|Actos do presidente, Novas|

O alumnado de último curso da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebrou o venres 31 de maio no Auditorio Municipal da cidade o remate dos seus estudos. Entre os 94 novos egresados e egresadas homenaxeados estiveron as primeiras promocións dos dobres graos que se imparten nesta facultade.

Concretamente, recolleron as súas bandas e diplomas ante o aplauso de familiares, amigos e membros da comunidade universitaria a VIII promoción do Grao en Turismo, formada por 36 estudantes, e a IX promoción do Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), formada por 46 estudantes do Grao en ADE; dous estudantes do dobre grao ADE-Enxeñaría Informática, e dez estudantes do dobre grao ADE-Dereito. O acto contou coa participación de Miguel Ángel Michinel, secretario xeral da Universidade de Vigo; Mª Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; Alberto Vaquero, secretario deste centro, e Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

[Texto e imaxe recollidos da nova que o DUVI elaborou sobre o evento]