Nunha reunión de inusual duración, o Pleno do Consello Social informou favorablemente sobre a proposta do novo Grao en Deseño e Creación e sobre a proposta de crear a Facultade de Deseño e Creación.
Outro punto relevante é a decisión sobre a implantación do máster en Enxeñeria Aeronáutica, respecto do cal, o plenario acordou aprobar unha declaración institucional para reclamar ante a Xunta de Galicia que o título se imparta con carácter exclusivo no Campus de Ourense, facéndose así partícipe dunha petición demanda polos grupos políticos do Concello de Ourense. Respecto a este asunto, no seu informe, o presidente Ernesto Pedrosa quixo deixar constancia do seu recoñecemento a quen defende o papel clave da universidade no desenvolvemento dos seus territorios, enfatizando que “sendo conscientes do contexto e asumindo o papel que nos corresponde, apoiaremos e defenderemos esa proposta ante quen deberán tomar a decisión final e até onde sexa posible. Como é a nosa obrigación e no exercicio da nosa representatividade e as nosas competencias. E por iso solicitamos e confiamos en que a resolución que se adopte respecto diso posúa a forza da lóxica e o poder unívoco da convicción”.
Así mesmo e despois dun longo debate, o Pleno decidíu deixar para unha próxima sesión o informe a emitir sobre a denuncia do convenio de adscripción do IESIDE á UVigo, aprobado polo Consello de Goberno, por entender que non dispuña da información suficiente para pronunciarse nesta sesión.
Outros asuntos tratados e aprobados foron os referidos a aceptación dos espacios cedidos pola Xunta de Galicia á UVigo no edificio administrativo de Pontevedra, a creación do Centro de investigación en Tecnoloxías, enerxía e procedementos industriais, e á adscripción á UVigo do Centro universitario da Defensa, na Escola Naval de Marín. Tamén se abordou a aprobación de distintas taxas e prezos das actividades deportivas, Programa de Maiores e Obradoiros para o curso 2019-2020.