O martes día 5 de novembro de 2019, ás 11:30 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.05.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do Presidente.
– Cambio de destino da axuda concedida á Facultade de Ciencias do Mar dentro do programa de Prácticums convocado para o curso 2018/2019. - Análise da taxa de abandono e cambio de estudos nas titulacións da UVigo, consonte os datos da Área de Calidade. Profundización na problemática dos Graos.
A Comisión dáse por informada. - Aprobación, se procede, das taxas correspondentes aos seguintes cursos:
– IV Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
- Supervisión, se procede, das taxas correspondentes aos seguintes cursos:
- I Curso complementario en “Ecografía básica en fisioterapia: sonoanatomía”
- II Curso complementario en “Robots Colaborativos “Universal Robots”. Fundamentos de programación, configuración e xestión dos sistemas de seguridade”
- I Curso de especialista en “Desenvolvemento de software e negocio dixital”
- I Curso de especialista en “Electrónica para compoñentes de automoción”
- II Curso de especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”
- VI Curso de especialista en “Dirección de loxística e produción”
- II Curso de formación en “Actualización en literatura española (ALITES 2019). Don Juan Tenorio de José Zorrilla”
- II Curso de formación en “Javascript para aplicacións Web e móbiles”
- XVII Curso de formación en “Introdución á bolsa”
- XVIII Curso de máster/especialista en “Auditoría e Contabilidade”
Apróbanse as taxas dos cursos dos puntos 4 e 5.
- Informe que proceda sobre as Memorias finais dos seguintes cursos (Con aprobación previa do Presidente):
- I Curso de formación en “Adestramento deportivo de alto rendemento”
- III Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
- I Curso de formación en “Negociación colectiva e individual no ámbito laboral”
- I Curso de formación en “Javascript para aplicacións Web e móbiles”
- V Curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
- V Curso de formación en “Programación Java”
- XV Curso de formación en “O IVE na fiscalidade empresarial. Edición 2019
Apróbanse as memorias.
- Modificación, se procede, do punto 2.c) da Normativa e recomendacións do Consello Social sobre prezos e taxas das ensinanzas propias, no que atingue ao pago máximo autorizado por profesor.
Admítese a modificación proposta e informar favorablemente ao Pleno. - Análise da posible aplicación dos artigos 79.1e) e do 80.3) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG, e do artigo 11 do Regulamento do Consello Social. Acordo que proceda.
Acórdase agardar ao próximo Pleno. - Rogos e preguntas.
Non hai
Acta da reunión ordinaria da Comisión Executiva do martes 5 de novembro de 2019
Documento PDF, 181 KB