O xoves, día 21 de novembro de 2019, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (10.10.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.a) Programa definitivo da Gala do Deporte (pendente CAS 10.10.2019).
b) Listado axudas. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a edición en galego e castelán do informe “100 titulacións da UVigo (1990/2015). Formación complementaria e especialización profesional das persoas tituladas”, traballo elaborado dentro do proxecto Observatorio de Egresados.
A Comisión aproba a proposta para pasar ao Pleno. - Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o curso 2019/2020, e da dotación económica correspondente, para elevación ao Pleno do Consello Social.
A Comisión informa favorablemente. - Aprobación, se procede, da Memoria de actividades do Consello Social correspondente ao 2018, e da edición da publicación en soportes dixital e impreso.
Apróbase a proposta. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do xoves 21 de novembro de 2019
Documento PDF, 162 KB