Colaboracións e patrocinios

UVigo Motorsport, que conta coa axuda do Consello, traballa no monopraza malia a suspensión da Fórmula Student

2020-04-14T20:11:44+00:0014 de Abril de 2020|Colaboracións e patrocinios, Novas|

UVigo Motorsport é a escudaría integrada por alumnos e alumnas de diferentes facultades e escolas da Universidade. É unha iniciativa que conta co apoio decidido do Consello Social. En xaneiro lograba o terceiro mellor resultado –entre 148 universidades participantes– no exame clasificatorio para a Formula Student Germany.

A situación que provoca a crise do COVID-19 impedirá que o monopraza no que traballa este grupo de alumnos e alumnas poida rodar este verán no circuíto alemán de Hockenheim, despois de que obrígase á suspensión da competición automobilística universitaria. Mais o traballo continúa para a xente do UVigo Motorsport, que, ante a imposibilidade de completar o proceso de fabricación do novo monopraza –o UM20– aproveitan este período para facer  unha posta a punto de aspectos que noutros momentos quedarían máis apartados. Desde as súas casas, as persoas integrantes do equipo céntranse nestas semanas naqueles traballos que conforman as “probas estáticas” do vehículo, como son a optimización e avaliación dos deseños, a avaliación de costes ou o desenvolvemento do plan de negocio.

Pensando en 2021 e 2022

O coche resultante destes traballos será o que competirá o ano que vén, tras o adiamento da Formula Student, o que fai que este parón permita unha marxe de mellora bastante grande. De feito, a suspensión da competición motivou que a organización decidise aprazar a 2022 os cambios na normativa da competición inicialmente previstos para o vindeiro ano e cos que se ía promover o desenvolvemento de coches autónomos.

[Informacións e fotografía dunha nova do DUVI]