Colaboracións e patrocinios

O 19 de novembro celébrase –en formato virtual– o Pont-Up Express aprazado desde setembro

2021-06-28T10:14:02+00:0018 de Novembro de 2020|Colaboracións e patrocinios, Novas, Responsabilidade social|

O Pont-Up Exprés celébrase este ano nun evento en liña o 19 de novembro ás 19:30h. Sete emprendementos innovadores made in Galicia someteranse ao xurado. O evento emétese  en directo desde a canle de YouTube da Pont-Up Store onde se poden coñecer os emprendementos participantes e enviar preguntas.

O Pont-Up Exprés é unha iniciativa promovida pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra que forma parte do programa xeral do Pont Up Store, iniciativa apoiada desde a primeira edición polo Consello Social da Universidade de Vigo.

7 startups galegas seleccionadas nesta edición

Cada unha das sete candidaturas seleccionadas deben presentar o seu negocio en 5 minutos a un comité de “escoitantes” que ofrecerán o seu feedback. Nesta ocasión ese xurado vai estar integrado por Virginia Pozo Castro, Emilio Bruquetas Serantes, Margarita Hermo Figueira e Ángel González Calvo. Estes son os seleccionados:

The Goood Shop
Tenda online multimarca de moda, accesorios e decoración producidos de forma ética, sostible e de proximidade.

Aninas Skin Peace
Alta cosmética orgánica.

Vivegreens
Cultivo e venda de microbrotes.

Ertha Surfboards
Deseño, fabricación e comercialización de artículos sostibles para o surf.

Smartwood
Ferramenta orientada á mellora da productividade e o rendemento de explotacións agrícolas e forestais.

Versos de A Ruda
Fabricación e distribución de repostería fresca en racións.

O Galpón Lab
Asociación sen ánimo de lucro de artistas emerxentes que nace para promover a creación artística e o intercambio cultural no ámbito pontevedrés