Actos do presidente

O Consello Social promove 1º Encontro Universidade Empresa xunto coa Aempe e a UVigo

[Foto superior publicada por PontevedraViva. © pontevedraviva.com]

A AEMPE, a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da provincia de Pontevedra, o Consello Social e a UVigo presentaron a programación do Primeiro Encontro Universidade Empresa, que se celebrará “online” os días 26 e 27 de novembro. O lema do evento é “Innovación, reinvención… acción”.

A causa dos problemas derivados da COVID 19, o encontro e as súas actividades celebraranse de xeito telemático, formato que non diminuirá o nivel, xa que as xornadas contarán con presenza de empresas referentes a nivel local e especialistas de varias partes do estado.

O presidente do Consello Social de la Uvigo, Ernesto Pedrosa, que participou na presentación asegurou  que “o encontro é un evento esencial –dadas as circunstancias especiais da pandemia– para que a colaboración universidade-empresa sexa máis forte ca nunca” e destacou a importancia de que o alumnado universitario poida enfocar, por medio dos  proxectos que compoñen o programa, o mundo da empresa que será a súa futura actividad laboral.

As actividades do encontro son gratuitas e abertas a todo tipo de público. As prazas son limitadas e para asistir é preciso inscribirse previamente no teléfono 986 866 376, no correo electrónico gerencia@aempe.com, ou no formulario de inscrición da web do evento. Participarase por medio da plataforma Zoom.

 

Programa do xoves 26 de novembro

17,00 a 17,15. Acto de Apertura (Intervén Ernesto Pedrosa, presidente do Consello)

17,15 a 17,45. 1º RELATORIO: Xestión das emocións no traballo

18,15 a 18,45. 2º RELATORIO: Perspectivas económicas de Galicia a curto prazo para as empresas familiares

19,00 a 19,30. 3º RELATORIO: Comunicación e Marca personal: Como contar quen es (e que é o que fas)

 

Programa do venres 27 de novembro

10,00 a 10,30. 4º RELATORIO: A río revolto gañancia de pescadores? Cómo enfronta unha peme de retail unha contorna convulsa

10,45 a 11,15. 5º RELATORIO: Educando para emprender: como acompañar os emprendedores no deseño e implantación de novos modelos de negocio

11,45 a 12,15. 6º RELATORIO: A “indi”xestión do tempo: por moito que disparemos ao galo seguirá amencendo

12,30 a 13,15. MESA REDONDA: Qué enleada está a agardar por nós?

13,30 a 14,00. CONFERENCIA DE CLAUSURA a cargo do Presidente de CEPYME

Na web do evento pódese obter un programa máis detallado.