O martes, 29 de xuño de 2021, ás 11:40 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (03.06.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Informe actualizado do Observatorio de titulados. Avance de resultados do Estudo sobre o impacto laboral da segunda onda da Covid-19 nas persoas tituladas da UVigo.
Propostas, acordos e informes da Comisión Económica (reunión do 23 de xuño de 2021)
- Conta de liquidación do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2020. Informe de auditoría e memorando de recomendacións. Acordo para elevar ao Pleno.
O Pleno dá a súa aprobación. - Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
- Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
- Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
Puntos 6, 7 e 8: O Pleno dá a súa aprobación. - Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para o exercicio 2021, dirixido a orientar e facilitar o achegamento dos estudantes ao mercado laboral e á empregabilidade.
Apróbase a colaboración. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos previstos na UVigo por servizos académicos e servizos administrativos para titulacións, Programa de Maiores e alumnado visitante, para o curso 2021/2022.
O Pleno dá a súa aprobación. - Recepción e análise do informe de auditoría operativa sobre “Aportación do Consorcio interuniversitario do SUG (CISUG) á centralización de compras e servizos común ás tres universidades (limpeza, seguridade, material de oficina, enerxía, software….) e cuantificación do posible aforro de custos”.
O Pleno dáse por informado. - Informe sobre a aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Análise da relación entre as spin off e a UVigo, para buscar ferramentas que melloren a medio prazo a posición das spin off no mercado”.
O Pleno dá a súa conformidade. - Acordo que proceda para a contratación da realización dun informe de auditoría externa e memorando de recomendacións das contas de UVigo (exercicio 2021 e seguintes), consonte o disposto na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG (artigo 75.3).
O Pleno dá a súa conformidade. - Solicitudes de incorporacións de crédito con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio 2020.
O Pleno autoriza as incorporacións. - Informe sobre os trece convenios con dotación económica asinados pola UVigo, correspondentes ao mes de maio.
O Pleno dáse por informado.
- Memorias de actividades do CS correspondentes a 2019 e 2020. Edición e publicación, se procede.
O Pleno dá a súa conformidade. - Rogos e preguntas.
Intervencións de: Atanes Limia, O Reitor, Antonio Macho, Teresa Cendón, Juan José Santamaría e Rodrigo Cerviño.
Acta da reunión do Pleno do Consello Social do 29 de xuño de 2021
Documento PDF, 235 KB