Colaboracións e patrocinios

O 1º Congreso Internacional sobre violencia sexual, que conta coa axuda do Consello, abre prazo para a recepción de comunicacións

2021-10-05T14:03:13+00:0030 de Xullo de 2021|Colaboracións e patrocinios, Novas|

A primeira edición do Congreso Internacional sobre Violencia Sexual estará enfocada no estudo e análise das institucións xurídicas e o tratamento político da violencia sexual no eido interno e internacional.

No evento examinarase o impacto das políticas e achegas xurídicas no intento de erradicar as distintas formas de violencia sexual, en tanto que supoñen unha violación do dereito fundamental á liberdade, á igualdade e dignidade da persoa, á sua integridade física e moral e, desgraciadamente, en ocasións, á propia vida. Nos distintos relatorios analizarase o tratamento xurídico e psicosocial das medidas de protección e sanción das condutas sexuais na normativa de distintos Estados da UE e de países iberoamericanos.

O congreso celebrarase os días 18, 22, 25 e 29 de outubro na modalidade “webinar” e presencial, ben por Campus Remoto ou físicamente para aqueles que o desexen nas instalacións das Facultades de Dereito do campus de Ourense ou na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo.

A intervención dos académicos proporciona a posibilidade de participación activa no evento, presentando traballos e comunicacións. O prazo de recepción  estará aberto ata o 1 de setembro.