Apróbanse os prezos dos obradoiros e das tarifas deportivas para o curso 21-22 e dáse o visto bo á creación das facultades de Dirección e Xestión pública, de Deseño e mais a de Relacións Internacionais

2021-09-06T11:53:49+00:0029 de Xullo de 2021|Pleno|

O xoves, 29 de xullo de 2021, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.06.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe que proceda sobre as propostas de verificación/modificación de títulos de Grao, Mestrado e Doutoramento para o curso 2022/2023 da Universidade de Vigo. (Consello de Goberno do 27 de xullo).
    O Pleno informa favorablemente.
  5. Informe que proceda sobre a creación de novos centros: Facultade de Dirección e Xestión Pública, Facultade de Deseño e Facultade de Relacións Internacionais. (Consello de Goberno do 27 de xullo).
    O Pleno informa favorablemente.
  6. Recepción e análise do informe de auditoría operativa sobre “Aportación do Consorcio interuniversitario do SUG (CISUG) á centralización de compras e servizos común ás tres universidades, e cuantificación do posible aforro de custos.
    O Pleno dáse por informado.
  7. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para o novo proxecto “Dixital Pontup”, un espazo virtual interactivo para organizar unha programación propia de eventos e actividades relacionadas co emprendemento.
    Apróbase a achega.
  8. Acordo que proceda sobre a realización dun estudo, por iniciativa do Consello Social, para medir o impacto e o retorno económico e social da UVigo no seu conxunto e en cada un dos tres Campus por separado.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  9. Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos Obradoiros que desenvolverá a UVigo no curso 2021/2022 nos tres Campus.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  10. Aprobación, se procede, das tarifas por actividades deportivas na UVigo para o curso 2021/2022.
    Apróbase a proposta.
  11. Taxas e Memorias finais de títulos propios. Últimas propostas avaliadas consonte o Regulamento de títulos propios de Posgrao e outros cursos da UVigo, vixente dende outubro de 2005, que pasa a ser substituído polo Regulamento dos programas de formación permanente da UVigo.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  12. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo, correspondentes ao mes de xuño de 2021.
    O Pleno dáse por informado.
  13. Rogos e preguntas.
    Interveñen Elena Larriba e resposta o Reitor.