Colaboracións e patrocinios

Novo vídeo do Observatorio de Persoas Tituladas sobre modalidade e tipo de contratación

2021-09-09T12:54:15+00:009 de Setembro de 2021|Colaboracións e patrocinios, Novas|

O Observatorio de Persoas Tituladas presenta un novo vídeo sobre a modalidade de contratación e tipo de contrato das persoas tituladas da Universidade de Vigo entre 1990 e 2015.

As categorías avaliadas son:

  • Modalidade de contratación: traballo por conta allea e por conta propia
  • Tipo de contrato: indefinido, eventual, bolsa, en prácticas, conta propia e outros

O vídeo amosa os resultados dun estudo aplicado a unha mostra de 10.748 persoas tituladas da UVigo –realizado coa colaboración do Consello Social– con segmentación dos resultados por xénero, evolución temporal (quinquenal), ámbitos académicos, tipo de estudos, lugar de traballo, antigüidade no posto de traballo, rama de actividade, sector económico, área funcional de traballo (departamento), categoría profesional, tamaño da empresa/entidade, doutoramento e titulacións.